Un bebé, un neno nos seus primeiros anos, son seres sen complexos. Por tanto como e por que sentimos un complexo?. Ao redor desta cuestión céntrase este "Dale la vuelta" de PontevedraViva Radio.
María González explica que nos primeiros anos de vida vaise facendo unha gravación sobre os estereotipos que nos rodean, é dicir tómase conciencia, errónea ou non, do que demanda a contorna social e coa intención de sentirse integrado "no grupo" a persoa imponse eses estereotipos.
Aí é onde se pode producir un choque entre o que se quere, o que "se leva" e o respecto e a aceptación do eu.
Un sencillísimo libro de instrucións para darlle a volta a calquera complexo pasa por respectarse a si mesmo, traballar o "auto concepto" e respectar aos demais. María González completa o programa ilustrando a cuestión cunha recente situación exposta en redes sociais; así como vídeos didácticos que axudan a traballar ese "auto concepto".