RADIO.- Pontevedra ten un puntazo: A cooperación empresarial e Xeneme
Por Redacción
Xeneme xurdiu en 1998 como consultora de proxectos sociais, educativas e culturais. Unha proposta pioneira naquel momento no ámbito galego, creada despois de visitar proxectos empresariais deste tipo noutras comunidades autónomas.
Formar parte do proxecto municipal Pontevedra ten un Puntazo "era absolutamente necesario. Significaba desenvolver a pertenenecia que todas as empresas teñen que ter a algún colectivo. Neste caso, nunha contorna local únense empresas que ofrecen servizos e produtos culturais, mantendo ao mesmo tempo a súa identidade particular", comenta Diego Parajó, un dos creadores de Xeneme.
O punto de inflexión dos anos da crise ou os cambios normativos han suposto novos plantexamentos en modelos de empresa como esta. Feitos que levan á "posibilidade de crecer traballando en rede. Isto permíteche ser máis áxil, flexible e competitivo." explica en PontevedraViva Radio.
Nesta liña a iniciativa Pontevedra ten un Puntazo pon en marcha un proxecto de cooperación empresarial no que "as empresas poden aprender como facerse máis fortes para competir nas licitacións públicas".