Ata 23 especies de cetáceos están rexistradas nas augas das Rías Baixas. Isto fai que quen máis ou quen menos puidera velos en maior ou menor número e proximidade á costa. E que así sexa no futuro é responsabilidade de todos: particulares, entidades privadas e públicas.
O diagnóstico que da Uxía Vázquez - socia voluntaria daCEMMA, a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños -, en PontevedraVIva Radio, é o dun ecosistema enfermo. Moitísimo tráfico mariño, contaminación industrial, sanitaria, etc... Aínda que centramos o Cara a a cara en grandes especies, as máis pequenas tamén poden repercutir os cambios que se están rexistrando nas Rías Baixas. Por exemplo, a temperatura destas augas está a subir anualmente e o prezadísimo marisco galego, pode resentirse.
Uxía Vázquez cóntanos cales son esas especies que viven dentro das rías e outras que o fanna plataforma continental e que son as que "veñen cazar á costa", caso da quenlla. Hai outras como as baleas, orcas, que están en migración e ao pasar por estas costas é cando se poden deixar ver. Fala no Cara a cara ademais, dos hábitos destes cetáceos e da especial atención que requiren todos.
A pesar de que por Lei está prohibido inquietalos, cazalos e hai pautas para a súa observación, "no verán están perseguidos de sol a sol polos barcos". No caso dos arroaces "son moi vulnerables porque é cando teñen cachorros. Xéralles moita tensión. Vense tan acurralados que deciden facer unha inmersión profunda e longa e os cachorros non aguantan, polo que se produce unha alta mortalidade".
As Rías Baixasé unha das zonas do mundo con maior biodiversidade e "temos algo moi imporante nas nosas mans para que as xeracións futuras poidan seguir gozándoo".