Marín dá a benvida ás festas do Nadal
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín acendeu este venres a súa iluminación de Nadal e o Belén na Praza 8 de Marzo ao son das panxoliñas interpretadas por Máis Cantos.
Este ano Nadal Marín foi alumeado pola empresa Tecmodeco cun orzamento de licitación de 75.000 euros, a mesma contía ca o ano pasado.
Para a adxudicación do alumeado de Nadal tivéronse en conta as propostas económicas, pero tamén criterios de calidade e de experiencia de prestación deste servizo. Ademais, valorouse de xeito principal a utilización de tecnoloxías que permitan o aforro enerxético e a sostibilidade medioambiental.
Ademais desta inversión, o Concello fai outra importante aposta polas estacións decorativas, que veñen a completar á iluminación para engalanar Marín, así como nas carpas Engado Marín e todas as actividades que entran dentro da programación municipal.
Este venres tamén se puxeron en marcha as Rutas do Tren de Nadal na Alameda. Do 1 ao 3, do 5 ao 10, do 15 ao 17 e do 22 de decembro ao 4 de xaneiro. De 11.45 – 13.30 horas e 17.15 – 21.00 horas.
Tamén activouse o Carrusel de Nadal, que ata o 14 de xaneiro organiza Estrela de Marín. E abriu a Mostra de Artesanía de Galicia ofrecendo ata o 10 de decembro produtos feitos a man en horario de 11.30 a 14 horas e 17 a 21 horas. Ademáis as ONGs fixeron a súa Chocolatada Solidaria.
Relacionadas:
-
Festa infantil para celebrar a chegada do Aninovo en Marín
Por Redacción |
-
A Alameda e o Parque Eguren énchense de actividades coas vacaciones escolares
Por Redacción |
-
Entrada no inverno nas Rías Baixas con anticiclón de nadal
Por Redacción |
-
Así será a programación de Nadal en Marín
Por Redacción |