Así será a programación de Nadal en Marín
Por Redacción
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, e a concelleira de Festas, Marián Sanmartín, presentaron a programación de Nadal, "que segue un pouco a estela dos anos anteriores e que ten por obxectivo manter a dinamización nunhas datas tan importantes coma estas", explicou a rexedora ante os medios de comunicación.
O tren, o carrusel ou as carpas de Engado Marín serán, de novo, un dos grandes atractivos deste programa.
"Tratamos de ofrecer opcións para toda a veciñanza, independentemente da súa idade e dar cabida a clásicos do noso Nadal que nunca nos fallan: os concertos da Banda Municipal de Música e da Escola Naval Militar, as feiras e chocolatadas na Alameda, a maxia e as actividades infantís e un concerto das tres corais de Marín que seguro será irrepetible", sinalou María Ramallo.
Tamén está a vista posta no peche do ano e no día de Reis. "Volveremos a desfrutar a Cabalgata coma sempre", que realizará o seu percorrido habitual. E no caso do Fin de Ano, ás 12.00 do propio 31 os máis pequenos repetirán o simulacro da toma das uvas de medianoite que tanto éxito colleitan.
Ramallo fixo un chamamento á cidadanía para participar de xeito intenso en todas as actividades deste Nadal "porque temos un municipio cheo de dinamismo, ao que veñen moitos dos nosos veciños e veciñas que están fóra e que aproveitan as vacacións para reunirse coas súas familias. É unha oportunidade de revivir e redescubrir Marín", asegurou.
PROGRAMACIÓN COMPLETA
- 1 de decembro, venres
- 17:30h. Inauguración do Nadal na Alameda:
- TREN DE NADAL: Do 1 ao 3, do 5 ao 10, do 15 ao 17 e do 22 de decembro ao 04 de xaneiro. Horario: 11.45-13.30 horas // 17.15 a 21 horas
- CARRUSEL DE NADAL, organiza Estrela de Marín. (Ata 14 de xaneiro)
- Mostra de ARTESANÍA DE GALICIA. (11:30-14 e 17-21h. Ata 10 de decembro)
- 18:00h. CHOCOLATADA SOLIDARIA realizada polas ONGs. Alameda
- 18:30h. Acendido do ALUMEADO DE NADAL na Alameda con panxoliñas a cargo de MAIS CANTOS, rematando co acendido do BELÉN na Praza 8 de marzo
- 17:30h. Inauguración do Nadal na Alameda:
- 2 de decembro, sábado
- 19:00h. Actuación infantil de ISLA LE TRISKA. Alameda
- 4 de decembro, luns
- Comezo das Rutas do TREN DE NADAL nos centros escolares de Infantil e Primaria
- 6 de decembro, mércores
- 17:30-21h. LUDOXORNADAS. Xogos de mesa coa asociación Tempus Ludit. Multiusos
- 8 de decembro, venres
- 17:30-21h. LUDOXORNADAS e Torneo de CATÁN. Multiusos
- 9 de decembro, sábado
- 19:00h. Actuación infantil do MAGO NOEL. Alameda
- 10 de decembro, domingo
- 20:30h. Concerto de Nadal das Corais SOCIOCOMUNITARIA, THALASSA e LEMBRANZAS DE MARÍN. Igrexa Vella
- 12 de decembro, martes
- 18:00h. Inauguración FEIRA NADAL MARÍN na Alameda. (Ata o 5 de xaneiro)
- 15 de decembro, venres
- 18:30h. Festival de Nadal da Escola Municipal de Música. Biblioteca
- 20:00h. Concerto de Nadal da Banda de Música da ESCUELA NAVAL MILITAR DE MARÍN. Multiusos
- 16 de decembro, sábado
- 17:00-21:00h. MINI MERCADO DE NADAL coas ANPAs de Marín. Poderás crear a túa VIDEOPOSTAL DE NADAL. Carpa da Alameda
- 17:30h. CHOCOLATADA SOLIDARIA realizada polas ONGs. Alameda
- 18:00h. Bailes de Nadal das ZUMBIS. Alameda
- 18:30h. TEATRO VERBAS no Multiusos, organiza Asociación Kalos
- 17 de decembro, domingo
- 17:00h. PAPANOELADA MOTEIRA, percorrido saída da Praza de España, Vial de praias, Seixo, Castro, José del Río, Concepción Arenal, Ezequiel Massoni, Jaime Janer, Concepción Arenal, Carballiño,... finalizando na Alameda, organiza Moteiros Solidarios
- 18:30h. Concerto de Nadal da CORAL EVANXÉLICA DE MARÍN, organiza Asociación Kalos. Multiusos
- 18 de decembro, luns
- 10:00h. Videoconferencia escolar con Papa Noel. Aula CEMIT
- 21 de decembro, xoves
- Exposición de contos e debuxos do Nadal no Ateneo Santa Cecilia. (De martes a venres de 17:30-20:30h e sábados de 11-13h. Ata 8 de xaneiro)
- 22 de decembro, venres
- 17:00h. Inauguración CARPA ENGADO MARÍN INFANTIL coa participación dos Bailes de Nadal dos ZUMBIS de Marín. Alameda. Ata o 07 de xaneiro. Horario: 11.30-13.30h // 17 a 21h
- 17:30h. CHOCOLATADA SOLIDARIA realizada polas ONGs. Alameda
- 18:00h. Inauguración CARPA ENGADO MARÍN XUVENIL. Parque Eguren. Ata o 07 de xaneiro. Horario: 12-14h // 18 a 22h.
- 19:00h. Entrega de premios do Concurso de Contos e Debuxos de Nadal. Ateneo Santa Cecilia
- 23 de decembro, sábado
- 11:00h. RANCHO DE REIS polas rúas de Marín, organiza Asociación Pousos da Area
- 11:00-13h. Simultáneas e partidas relámpago de XADREZ co Club Xadrez Marín. Carpa Eguren
- 17:00h. Actividade de dinamización comercial con animación infantil a cargo de Brais Das Hortas e chocolatada, organiza Asociación de Comerciantes C.C. Morrazo e Concello de Marín. CENTRO COMERCIAL MORRAZO
- 17:00h. IV Gala Benéfica “Haz Realidad su ilusión” de Botón de Ancla. Salón de Actos IES Illa de Tambo
- 24 de decembro, domingo
- 17:30h. PAPÁ NOEL percorrerá as rúas de Seixo e na Praza de Abastos de Seixo actividades infantís, organiza ACEMAS e Concello de Marín
- 18:00-19:30h. Recepción de PAPÁ NOEL. Palco da Alameda
- 27 de decembro, mércores
- 12:00h. Títeres e contacontos con TARABELOS, organiza ACEMAS. Casa de Cultura de Seixo
- 29 de decembro, venres
- 12:00h. Maxia e diversión co MAGO NOEL, organiza ACEMAS. Casa de Cultura de Seixo
- 31 de decembro, domingo
- 11:45h. FESTA FIN DE ANO INFANTIL. Recreación das uvas do Nadal. Alameda
- 4 de xaneiro, xoves
- 17:30h. CINE DE NADAL no Cine de SEIXO, entrada libre ata completar aforo (190 persoas), organiza ACEMAS e Concello de Marín
- 5 de xaneiro, venres
- 12:00h. Animación Infantil. Alameda
- 16:30h. Festival de Reis en ARDÁN. Casa de Cultura de Carballido-Ardán
- 18:00h. GRAN CABALGATA DE REIS co percorrido habitual. Ao rematar, BELÉN VIVINTE organizado Asociación Os da Caña e Concello de Marín. Igrexa Nova
- 20:00h. SORTEO entre as compras realizadas na FEIRA NADAL MARÍN. Alameda
Este programa poderá experimentar modificacións por causas meteorolóxicas.
Relacionadas:
-
Festa infantil para celebrar a chegada do Aninovo en Marín
Por Redacción |
-
A Alameda e o Parque Eguren énchense de actividades coas vacaciones escolares
Por Redacción |
-
Proxecto Lar: unha indagación artística sobre o fogar e a memoria
Por Redacción |
-
Marín dá a benvida ás festas do Nadal
Por Oskar Viéitez |
-
Buscan novas fórmulas para ocupar as vacantes dos mercados de Marín e Seixo
Por Redacción |
-
Marín encenderá o 1 de decembro a súa iluminación de Nadal
Por Redacción |
-
Marín destinará 90.000 euros á iluminación do próximo Nadal
Por Redacción |