Poio métese de cheo nunhas festas do Nadal "de todos e para todos"
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Nadal vívese xa en cada esquina de Poio, que este sábado deu o pistoletazo de saída da súa programación para as festas.
Fíxoo ademais cunha celebración popular na Praza do Mosteiro con música, chocolatada e rosca para todos os presentes, encantados de poder ver por fin as luces decorativas acesas e engalanando o municipio, empezando pola Casa do Concello.
Será, asegurou o alcalde Ángel Moldes, "un Nadal de todos e para todos que consegue devolver a ilusión por estas festas en Poio"
Ademais da iluminación a xornada serviu tamén para inaugurar as sete aldeas do Nadal instaladas na contorna dos muíños de Samieira, no parque de Lourido, no Atrio de San Salvador, na Praza da Chousa de Combarro, en Raxó, na Praza da Granxa de Campelo e na contorna de la Iglesia de San Martiño, xunto co tren máxico que conecta todas elas.
Durante a inauguración Moldes agradeceu aos máis de corenta colectivos e entidades que colaboran "para dotar de moito contido e propostas atractivas estas festas", así como a todos os escolares que participaron na decoración das casas que forman parte das aldeas.