Novembro baixa o número de desempregados na provincia ata as 50.639 persoas
Por Oskar Viéitez
O Ministerio de Traballo e Economía Social publicou este luns 4 de decembro o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) que no caso do municipio de Pontevedra experimentou unha baixada de -23 persoas no mes de novembro o que sitúa o total de desempregados na capital en 4.506.
En Poio hai 775 desempleados (o que supón unha baixada de -29); Barro, 181 (+7); Campo Lameiro, 82 (+8); Cerdedo-Cotobade 248 (-4); A Lama, 130 (-7); Vilaboa, 248 (-9); Bueu, 525 (-34); Marín, 1.211 (-17).
Na comarca do Salnés-Arousa: Cambados, 670 (+18); O Grove, 433 (+6); Meaño, 187 (+6); Meis, 196 (+4); Ribadumia, 177 (-7); Sanxenxo, 581 (+7); Vilagarcía, 2.398 (-43); Vilanova de Arousa 516 (-20); A Illa de Arousa, 166 (-12).
Na comarca do Umia: Caldas de Reis, 468 (+12); Cuntis, 197 (-6); Moraña, 196 (-4); Portas, 126 (-1).
PROVINCIA
A provincia de Pontevedra é a que máis reduciu o paro en Galicia o pasado mes de novembro, segundo sinalan os datos que publicou este luns o Ministerio de Traballo e Economía Social.
Concretamente na provincia de Pontevedra caeu o desemprego en 1.003 persoas en novembro (-1,94%) e son 4.827 menos que en 2022 (8,7%).
GALICIA
Galicia reduciu o número de persoas desempregadas durante o mes de novembro. En concreto, o paro baixou en 2.180 persoas en relación ao mes anterior, situándose nun total de 131.168 desempregados, a cifra máis baixa durante este mes desde que hai rexistros.
No último ano o desemprego acumula un descenso de 11.590 parados, o que supón un 8,12% menos.
En novembro houbo máis desempregadas mulleres que homes. Dos 131.168 desempregados rexistrados en novembro, 76.471 foron mulleres, 1.828 menos (-2,33%) e 54.697, homes.
O paro entre os mozos menores de 25 anos baixou, con 357 parados menos que a peche do pasado mes (-6,15%), mentres que o das persoas con 25 anos ou máis se incrementou en 1.823 persoas (+1,43%).
Por sectores de actividade, na comunidade galega, o descenso correspóndese fundamentalmente co sector servizos (-1.621), seguido da industria (-303) e o colectivo sen emprego anterior (-386). O paro aumentou en 75 persoas na agricultura e en 55 na construción.
ESPAÑA
A nivel estatal a cifra de demandantes de emprego redúcese en 24.573 persoas en novembro, a segunda maior caída neste mes exceptuando a crise pandémica. O total de desempregados é de 2.734.831, o menor nun mes de novembro desde 2007.
O Ministerio de Traballo destaca que hai menos desempregados en todos os sectores produtivos.
Un dato significativo é que o paro feminino descende a un ritmo que duplica o do masculino con 15.962 paradas menos. O total de mulleres en desemprego é de 1.645.093, a máis baixa nun mes de novembro desde 2008.
O número total de mozos menores de 25 anos sen traballo redúcese en 5.588 persoas e o total sitúase en 205.979, a cifra máis baixa nun mes de novembro da serie histórica.
Desde o Goberno tamén se recalca que o 41,5% dos novos contratos asinados en novembro son indefinidos e que a taxa de cobertura é do 67,6%, a máis alta nun mes de novembro desde 2011.
Relacionadas:
-
O PP pide explicacións ao goberno local de Vilaboa por "tapar" vellos pagos sen facturas que investiga o Consello de Contas
Por Redacción |
-
Prolongan 30 minutos o horario de retirada de terrazas durante o Nadal
Por Redacción |
-
Conceden a Marín dous obradoiros duais de emprego sobre atención sociosanitaria e pesca
Por Redacción |
-
A conselleira Elena Rivo destaca en Edugal as claves para desenvolver un emprego con éxito
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra encadeou en xullo o sexto mes consecutivo de caída no desemprego, con 741 parados menos na provincia
Por Redacción |