Conta atrás para iluminar o Nadal pontevedrés
Por Redacción
En apenas 24 horas, Pontevedra acenderá o seu Nadal. A iluminación que decorará as principais rúas e prazas da cidade volve a lucir na súa data tradicional, xusto antes da ponte da Constitución. O acto oficial será ás sete da tarde na Praza de España.
Os nenos e nenas que acudan a este acto poderán participar no acendido da árbore, unha inauguración que estará amenizada polo coro da Xunqueira.
Desde esa mesa hora tamén estará aberta a pista de xeo e o tobogán da Praza de España aos que se poderá acceder cun ticket do comercio local; e na Praza da Ferrería abrirá o Poboado de Nadal onde se poderán facer compras de artesanía, en colaboración con Zona Monumental.
Durante os últimos días, os operarios están apurando a instalación de todos os motivos e elementos de decoración de luz, que está practicamente rematada e ten importantes novidades.
Ás 80 rúas e prazas iluminadas no último Nadal súmanse Filgueira Valverde, Antón Fraguas e Andrés Mellado. A decoración de Nadal tamén se estende a outras moitas zonas da cidade.
Xa son tradicionais as bólas da Peregrina, da praza da Audiencia, Daniel de la Sota, Monte Porreiro, a árbore de Curros Enríquez ou a decoración da praza do Hospital onde se instalou un corazón e unha caixa de agasallo na praza do mercado de abastos.
Nesta ocasión, a estes motivos súmanse unha nova bóla de luz na praza da Ponte do Burgo, árbores de luz en Eduardo Pondal e Concepción Arenal, un camelos e árbores de nadal na praza de Pintor Laxeiro, na Parda, e unha composición de árbores de luz na praza de María Viñals.
Ademais, xa están listos os maceteiros de Benito Corbal con flores de pascua e outras especies propias de Nadal que decorarán unha das rúas máis comerciais da cidade.
Relacionadas:
-
Reparten 27.000 flyers para fomentar as compras no comercio local
Por Redacción |
-
A Praza da Ferrería, protagonista das fotos do Nadal
Por Oskar Viéitez |
-
3, 2, 1… Luz: o Nadal xa ilumina Pontevedra
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O programa (en)Volve regresa polo Nadal na busca de cómplices dos Reis Magos
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra comeza a engalanarse para iluminar o seu Nadal
Por Redacción |
-
Unha pista de xeo na Praza de España, principal novidade no programa de Nadal
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |