Feridas dúas condutoras que impactaron nun accidente na PO-300 en Cambados
Por Redacción
Investíganse as causas do accidente de tráfico que se producía na estrada PO-300 ao seu paso pola parroquia de Vilariño, en Cambados, durante últimas horas da xornada do martes 5 de decembro.
As condutoras dos dous turismos, de 50 e de 29 anos, ámbalas veciñas de Cambados, eran trasladadas ao Hospital do Salnés con dores cervicais, torácicos e lumbares.
Os dous vehículos impactaron frontolateralmente e, a continuación, colidiron con tres contedores de lixo causando danos neste mobiliario urbano.
O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados acudía ao lugar para atender ás dúas condutoras do mesmo xeito que unha ambulancia do 061 e axentes da Garda Civil de Tráfico.