Asolagamento na parroquia de Lourizán
Residentes na zona denuncian que coas chuvias se están a producir grandes fochancas de auga diante das vivendas dificultando o paso
© PontevedraViva
Queixas veciñais en Lourizán polos asolagamentos na Rúa do Santo
![Anxo](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/022/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/6683d39821-a.jpg)
Por Anxo Lourido
Residentes da Rúa do Santo, na parroquia pontevedresa de Lourizán, demandan unha intervención inmediata para evitar que continúe a repetirse unha escena que sofren desde hai anos.
Cada vez que chove con algo de forza a rúa termina converténdose nunha lagoa, coa imposibilidade de acceder ás vivendas.
Sinalan que non é necesario que se produzan choivas torrenciais, segundo os datos que manexan con dez litros por metro cadrado durante unha hora xa se colapsa a rede de sumidoiros, que comeza a emanar auga ao exterior.
Desta forma, a veciñanza queda illada nesta zona xa que os vehículos teñen dificultades para atravesar estes grandes charcos.
Presentaron escritos a Augas de Galicia, que lles derivou ao Concello de Pontevedra. Tamén presentaron queixas no rexistro municipal sen que recibisen resposta.
A situación, segundo denuncian, prodúcese pola falta de mantemento dos sumidoiros que entenden están cheos de barro e maleza.
Ademais, temen que este problema agravarase cando se reforme a antiga estrada entre Pontevedra e Marín coa instalación de redutores de velocidade que provocarán máis estancamento de auga.