O funeral polo falecemento do traumatólogo Javier Mareque Abad celébrase este martes en Santa María
Por Redacción
Javier Mareque Abad, coñecido médico especialista en Traumatoloxía, falecía nas últimas horas como consecuencia dunha indisposición.
Este profesional médico, nacido en Campo Lameiro, tiña 81 anos e durante a súa etapa profesional foi médico na área sanitaria de Pontevedra e tiña un consultorio privado na rúa Benito Corbal.
Na década dos setenta foi un dos pioneiros entre os reumatólogos formando parte da xestora que fundaba a Sociedade Galega de Reumatoloxía (SOGARE), no ano 1983.
Estaba casado coa empresaria vitivinícola Marisol Bueno, primeira presidenta da Denominación de Orixe Rías Baixas.
O funela polo seu eterno descanso celebrarase este martes 12 de decembro, ás 20.00 horas, na Real Basílica de Santa María a Maior en Pontevedra.