Rogan a devolución de boletos da Lotaría de Nadal do Casino Mercantil por un erro de imprenta
Por Redacción
En plena época de venda de participacións de Lotería de Nadal, o Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra atopouse cunha incidencia nas últimas horas e emitiu un comunicado alertando ás persoas que forman parte desta sociedade do problema detectado nos boletos vendidos no Parque Polideportivo que a entidade ten na parroquia pontevedresa de Mourente.
Segundo indica a dirección, o número correcto que a entidade xoga este ano é o 52.485.
Pola contra, nesas participacións figura, por erro de imprenta, un número con díxitos e outro distinto con letra.
Por este motivo, rogan a todas aquelas persoas que adquiriron un destes números con erro que se poñan en contacto coas oficinas para realizar o cambio polo boleto coa cifra correcta ou realizar a devolución se así o desexan.
O horario de atención na oficina é de 09.00 a 23.00 horas de luns a venres.
O problema só afecta, aclaran, a persoas que mercaran o boleto de maneira física na Sociedade.
Cada unha das participacións do Casino Mercantil para o sorteo da Lotería de Nadal ten un valor de cinco euros.
Relacionadas:
-
Os aspirantes á bolsa de emprego de limpeza farán a proba o día do sorteo da Lotaría de Nadal
Por Redacción |
-
O Mercantil confirma a venda da súa sede en Curros Enríquez por dous millóns de euros
Por Manu Otero |
-
O Mercantil estuda unha oferta para vender a súa sede de Curros Enríquez, pero non aceptará menos de dous millóns
Por Manu Otero |