Ana Pastor e Irene Garrido denuncian a privatización da sanidade penitenciaria
Por Oskar Viéitez
As deputadas do Partido Popular, Ana Pastor e Irene Garrido denunciaron a privatización da sanidade penitenciaria en Galicia.
A día de hoxe están vacantes o 60% das prazas de médicos nos cárceres galegos, segundo confirmou o Goberno central a través dunha resposta a unha pregunta parlamentaria dos deputados galegos do PP.
Nunha rolda de prensa celebrada este venres en Pontevedra, Irene Garrido asegurou que "la única privatización sanitaria que se ha hecho en Galicia en los últimos 15 años la hizo Besteiro" xa que en xuño deste ano formalizouse por parte do Goberno de España un contrato cunha empresa sanitaria privada de "servicio médico externo de atención primaria para prestar asistencia sanitaria a los internos del Centro Penitenciario A Lama" por un importe de 65.520 euros e "la persona responsable de la administración general del Estado en Galicia en ese periodo, como Delegado del Gobierno, no era otro que José Ramón Gómez Besteiro", indicou a deputada popular.
Nesta mesma liña, afirmou que resulta "inexplicable que el propio Besteiro acuse a la Xunta de insolvencia y de falta de planificación en la gestión sanitaria cuando él mismo no fue capaz de encontrar y dar una solución cuando era el Delegado del Gobierno en Galicia".
"La realidad es que la única sanidad que es competencia del Gobierno central: de los socialistas, de Sumar y con el apoyo del BNG, esa sí está desmantelada y privatizada", manifestou Garrido.
Pola súa banda, Ana Pastor instou ao Goberno central a que tome medidas de carácter nacional para paliar o déficit que se dá tanto na sanidade penitenciaria como no conxunto do Sistema Nacional de Saúde.
Pastor apuntou que xa existe unha solución "que no hay que inventarla" xa que leva desde abril de 2018 encima da mesa e aprobada por unanimidade no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde e que consiste en reformar e flexibilizar o sistema MIR para que se poidan crear máis prazas formativas da especialidade de medicina de familia.
"Proponemos una medida de choque: 1.000 plazas de esta especialidad más en los próximos cuatro años", defendeu Ana Pastor.
A deputada popular lembrou que esta é unha demanda "que non es del PP" xa que está apoiada por gobernos autonómicos como o vasco ou o catalán, que asinaron un manifesto con Galicia esixindo a necesidade destas medidas "y se aprobó el año pasado en el Congreso de los Diputados a propuesta del PP", explicou.
Ana Pastor acusou o Goberno de España de "estar de brazos cruzados" mentres "el déficit de especialistas continúa agravándose", sendo tal a situación, que se ve obrigado a recorrer á contratación a empresas de sanidade privada.