O PP reclama ao Concello máis información sobre as multas na zona de baixas emisións
Por Oskar Viéitez
As explicacións do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, sobre a zona de baixas emisións (ZBE), asegurando que só se multará "en caso de abuso", son "insuficientes" para o Partido Popular.
O portavoz do grupo municipal do PP, Rafa Domínguez volveu a esixir, esta fin de semana, ao rexedor da capital, aclaracións sobre a instalación de máis cámaras de tráfico "para que los ciudadanos sepan de cuánto van a ser las multas" e "¿qué entiende Lores por caso de abuso?" na estrada.
Para Rafa Domínguez "lo único que está claro es que hay un régimen sancionador, público y objetivo, que marca los criterios objetivos a cumplir. Por lo tanto, no puede ser que dependa de Lores a quién se multa y a quién no, según las situaciones de abuso que él o su equipo determinen", sostivo.
O líder da oposición pediu que o goberno local sexa "honesto y preciso" cando lle preguntan pola ZBE porque, a día de hoxe, "una persona que vaya a trabajar y tenga que atravesar Pontevedra, no sabe si será considerado un caso de abuso".
Domínguez concluíu dicindo que é importante coñecer os plans de tráfico do Concello de Pontevedra para que os cidadáns saiban onde están os límites para non expoñerse a unha multa ao conducir pola cidade.
Relacionadas:
-
O Concello recorre a "vías excepcionais" para salvar os proxectos da Santiña e de cámaras de tráfico
Por Natalia Puga |
-
Mosquera reitera que ningún pontevedrés "notará cambio algún" coa zona de baixas emisións
Por Alejandro Espiño |
-
Lores, sobre a zona de baixas emisións: "Se alguén quería cobrar por entrar en Pontevedra era o señor Domínguez"
Por Alejandro Espiño |
-
Domínguez axita o medo a posibles multas por circular nunha "chapucera" zona de baixas emisións
Por Alejandro Espiño |
-
Así é o sinal que identificará a Pontevedra como zona de baixas emisións
Por Alejandro Espiño |
-
A contratación a reforma da rúa Santiña e a instalación de cámaras de tráfico e medidores ambientais
Por Oskar Viéitez |