O xoves suspenden todas as actividades exteriores nos colexios polo temporal
Por Redacción
A Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos de toda Galicia este xoves 6 de febreiro con motivo dun fenómeno meteorolóxico adverso por refachos de máis de 110 quilómetros por hora, clasificado de nivel de alerta laranxa.
Segundo informou a Xunta de Galicia, non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar, pero a Comisión Escolar de Alertas recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas nas catro provincias galegas.
Todo o litoral galego está en alerta vermella este mércores con ventos do sueste que alcanzarán forza 9 e ondas superiores aos nove metros. As previsións meteorolóxicas alertan xa da chegada dunha nova borrasca na madrugada deste mércores ao xoves, que se denominou 'Qumaira' e levou a fixar un nivel de alerta laranxa con ventos e chuvias intensos durante toda a xornada do xoves.
Ademais, xa se prevé unha nova alerta laranxa para a noite deste venres con motivo da borrasca 'Ruth', que traerá ventos intensos no litoral e o interior ao longo do día con chuvias importantes na metade oeste.
Por outra parte, a Xunta pide aos cidadáns que extremen as precaucións nas próximas horas e que sigan as medidas de protección como permanecer afastados de zonas susceptibles de ser afectadas por un golpe de mar, praias, rompentes, paseos marítimos ou espigóns También que se revisen os amarres das embarcacións e eviten realizar prácticas deportivas e náuticas.