Un condutor bébedo que escapaba da Policía sofre un accidente no que se incendia o seu coche
Por Oskar Viéitez
Un veciño de Cangas, duns 40 anos de idade, foi detido este sábado pola Policía Local de Bueu despois de protagonizar unha rocambolesca historia.
Ao redor das tres da tarde, este condutor foi visto en Poio circulando de forma errática co seu vehículo, marca Mercedes, que ía facendo eses pola estrada.
Alertados desta condución temeraria os axentes da Policía Local de Marín saíron ao seu encontro despois de que provocase danos cando circulaba pola zona de Seixo.
A Garda Civil deulle o alto pero este home fixo caso omiso e deuse á fuga circulando cunha roda picada pola estrada PO-551.
Ao chegar a Bueu perdeu o control do vehículo chocando contra a rotonda da prata de Portomaior, na parroquia de Cela. Nese momento abandonou o Mercedes que inmediatamente comezou a arder quedando completamente calcinado.
Procedeuse entón a súa detención. Ademáis os axentes someteron ao condutor á proba de alcoholemia cun resultado positivo de 0.60 mg/l o que supón que estaría a incorrer nun delito penal.
Efectivos de Protección Civil de Bueu e os Bombeiros do Morrazo sufocaron o incendio mentres a Garda Civil de Tráfico cortou un carril da estrada.
Relacionadas:
-
Liberan do interior do seu vehículo a un condutor que envorcou co seu coche en Lourizán
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Local localiza a dous homes sobre os que pesaban ordes de detención xudicial
Por Redacción |
-
Detido un mozo que vendía marihuana e MDMA no seu domicilio en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Detido un veciño Soutomaior na operación contra o trapicheo desenvolta no centro de Arcade
Por Diego Espiño |