VÍDEO.- Detido un veciño Soutomaior na operación contra o trapicheo desenvolta no centro de Arcade
Por Diego Espiño
A Garda Civil do Porriño detivo un veciño de Soutomaior acusado dun presunto delito de tráfico de drogas.
En concreto a detención produciuse no marco da 'Operación Pontesan', que incluíu un rechamante despregamento policial no centro de Arcade para levar a cabo o pasado mércores 13 de decembro un rexistro domiciliario nunha vivenda da rúa Roxelio Landeiro, no que colaboraron efectivos da unidade USESIC da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, o Servizo Cinológico, o Seprona e a Patrulla Fiscal de Vigo.
A intervención chegou mesmo a provocar o corte ao tráfico da ponte medieval de Ponte Sampaio
No citado rexistro a Garda Civil interveu pequenas dose de droga destinadas polo miúdo de substancias estupefacientes, requisando 50,5 gramos de cocaína; 76,4 gramos de haxix, 111,8 gramos de marihuana, ademais de 2.270 euros en billetes de diverso valor e unha báscula de precisión usada para a pesada das substancias, así como embalaxes para o seu envasado e posterior distribución das mesmas.
Con estas actuacións as forzas de seguridade dan por desmantelado o punto de venda de droga.
O detido foi posto ao dispor do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Nº 2 de Redondela.
Relacionadas:
-
Investigan un veciño de Poio acusado de vender droga ao carón do IES de Portonovo
Por Redacción |
-
Un condutor bébedo que escapaba da Policía sofre un accidente no que se incendia o seu coche
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Local localiza a dous homes sobre os que pesaban ordes de detención xudicial
Por Redacción |
-
Detido un mozo que vendía marihuana e MDMA no seu domicilio en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Operación da Garda Civil contra o trapicheo de droga no centro de Arcade
Por Natalia Puga |