O proxecto de Tanatorio de Vilaboa entra na última fase administrativa
Por Redacción
Tras varios anos de atrancos administrativos, o proxecto de Tanatorio para Vilaboa está a punto de superar a última fase administrativa.
Na Asemblea Xeral celebrada este domingo, explicaron que o anuncio de convenio entre a Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa e o Concello para a modificación puntual do seu PXOM xa está publicado no Diario Oficial de Galicia.
Tal e como reflexa o convenio, a Comunidade pretende modificar a parcela de dotacións de servizos públicos, segundo o Plano Xeral, a servizos privados.
Este requisito, explican, vén derivado polo encaixe legal da propiedade comunal na lexislación, que foi integrado como unha forma de propiedade privada, de carácter colectivo, en vez de recoñecer a súa existencia como un terceiro tipo.
A Xunta Reitora aproveitou a Asamblea para tratar tamén o proxecto da futura Casa de Montes, "que xa conta coa Licenza de Obra e comezará a súa construción nos próximos meses", e os traballos realizados no Monte Veciñal nos últimos meses coa plantación de castiñeiros de fruto enxertados con variedades tradicionais e a plantación de corticeiras.
O acto concluíu co tradicional sorteo entre os asistentes de cinco Cestas de Nadal.
Relacionadas:
-
San Marcos empezará a construír o novo tanatorio de Vilaboa nun "horizonte inmediato"
Por Diego Espiño |
-
Os comuneiros dan por finalizada a última fase para a construción do Tanatorio de Vilaboa
Por Redacción |
-
Primeira pedra do novo Tanatorio de Vilaboa que construirá a empresa San Marcos
Por Oskar Viéitez |