Trece cooperativas de alumnado de Primaria, na nova edición de 'DepoEmprende na escola'
Por Redacción
Preto de 300 alumnos e alumnas de nove centros educativos de Educación Primaria da provincia que participan no programa 'DepoEmprende na Escola' presentaron no Pazo Provincial as trece cooperativas nas que traballarán ao longo deste curso.
Os centros participantes desenvolverán os seus proxectos colaborativos e fomentarán o emprendemento con diferentes tipos de proxectos baseados na ecoloxía, a cultura, a natureza ou a reciclaxe.
Ademais, parte das ganancias que consigan as cooperativas coa venda dos seus produtos irán destinadas a diferentes ONGs ou asociacións, como protectoras de animais ou de servizos sociais.
O deputado provincial de Xuventude e Reto Demográfico, Jorge Cubela, explicou que a Deputación busca impulsar "a iniciativa do alumnado, que experimente o seu talento e adquira novas capacidades e competencias, así como aprenda a traballar en equipo, a tecer redes".
Cubela tamén remarcou a capacidade do programa "para fomentar a solidariedade" e felicitou aos centros participantes e aos docentes, "motor e parte implicada para que esteadas aquí", por espallar entre os rapaces valores "para que sexades mellores persoas no mundo futuro".
Cubela animou aos rapaces a traballar nos seus proxectos emprendedores ao longo de todo o ano "e que, ao remate poidamos achegarnos ao mercadiño e ver o ben que o fixestes ao longo do curso".
O deputado fixo entrega dos NIF a cada unha das trece cooperativas participantes trala presentación que os propios alumnos foron realizando ao longo da mañá.
En concreto, o CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro de Gondomar deu a coñecer as súas dúas cooperativas, 'Huellilandi' e 'A Nosa chuvia' o CEIP A Xunqueira I de Pontevedra, 'A Xunqueira Reutilizable' o CEP Plurilingüe Igrexa Valadares de Vigo 'Agüita de coco' o alumnado do CEIP Plurilingüe de Tebra de Tomiño presentou 'Cosendo desexos' e 'Agullas soñadoras' o CEIP Plurilingüe número 1 de Tui deu a coñecer 'Rapazada creativa' e 'EcoTui' o CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán de Tomiño 'Flocos tolos' o Colexio Estudio SL de Nigrán 'Galicia Designs' os alumnos do CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia deron a coñecer 'Dinamitrix' e 'Arrasamos con todo', e, finalmente, o CEIP Plurilingüe de Carballedo de Cerdedo-Cotobade presentou 'As cores de Carballedo 4.0'.
Relacionadas:
-
Este luns abre o prazo para solicitar visitas ás granxas escola da provincia
Por Redacción |
-
Un mercado solidario rexentado por estudantes pon o broche de ouro ao sétimo "Depoemprende na ESO"
Por Redacción |
-
O Instituto Montecelo e o Carlos Oroza gañan os permios DepoEmprende na FP
Por Oskar Viéitez |
-
Nova edición dos Premios Demo Day para fomentar a xestión creativa do alumnado de FP
Por Redacción |
-
Comeza a sétima edición de "Depoemprende na escola" con 15 cooperativas
Por Redacción |
-
Un proxecto escolar con compromiso social enche de enerxía xuvenil a contorna do Mercado de Abastos
Por Diana Eiras & Anxo Lourido |
-
O Carlos Oroza gaña o premio de FP do programa DepoEmprende
Por Oskar Viéitez |
-
Preto de 800 estudantes de 28 centros da provincia participarán no programa DepoEmprende
Por Redacción |