Marín e o milagre dos pans e os peixes
Por Oskar Viéitez
"Yo siempre reivindico que los ayuntamientos de nuestro tamaño, que en la provincia de Pontevedra somos ocho, pues hacemos muchas veces la multiplicación de los panes y de los peces porque no tenemos mucho presupuesto, no tenemos mucha estructura, no tenemos mucho de nada, pero al final vamos consiguiendo cositas y yo creo que es importante", afirma a alcaldesa de Marín, María Ramallo.
A rexedora marinense convidou este xoves aos xornalistas que habitualmente cobren a información da vila a un almorzo para charlar distendidamente e facer un balance deste ano que acaba. O lugar elixido foi "A Bailona gastrobar" un local de hostalería inaugurado este verán no Paseo Alcalde Blanco.
Xunto a María Ramallo estaba o "núcleo duro" do goberno local marinense os concelleiros Marián Sanmartín, Manuel Santos e Pablo Novas que coincidiron en destacar que o 2023 lanza un balance positivo, singularmente por esa cuarta maioría absoluta consecutiva conseguida nos comicios municipais de maio. "Nosotros somos bastante discretos, pero conseguir un apoyo del 55% es un resultado que, hoy en día tal y como están las cosas, no está al alcance de todo el mundo, ya nos lo comprarían otros", manifestou a alcaldesa.
En canto aos proxectos máis importantes que neste ano 2023 empezan a ser unha realidade, Ramallo destaca o auditorio."Este equipamiento sociocultural es para nosotros nuestra niña bonita", recalca a alcaldesa. "Teníamos mucho interés en sacar ese proyecto y Marín lo necesitaba y lo demandaba desde hace muchos años". A previsión apunta que "si nada se tuerce" a finais de 2024 estea xa rematado.
"A maiores diso, seguimos apostando por infraestruturas" continúa María Ramallo que enumera proxectos en marcha como o ensanche da Avenida de Ourense na zona de vivendas, o arranxo da rúa da Ponte e do tramo de Concepción Arenal entre a rúa da Estrada e a rotonda das Áncoras, a mellora dos viais cara ás praias con máis carril bici e tamén "hacer más vivible" a conexión entre Marín e Lourizán con beirarrúas máis anchas na estrada vella.
Ademais, a alcaldesa espera poder iniciar pronto a rexeneración dos fondos da zona de baño proxectada na entrada ao Paseo Alcalde Blanco, un gran espazo de lecer configurado como unha piscina natural aberta ao mar na actual dársena coñecida como o cemiterio das chalanas.
"Tenemos un tamaño medio de ciudad que para el conjunto de la provincia, fuera de las grandes ciudades de Vigo y Pontevedra, pues ya tenemos mucho que decir, no solo en aspectos económicos, empresariales, de comercio, de movilidad, de medio ambiente, de infraestructuras, y por lo tanto hacemos lo indecible por tratar de sacar temas adelante", conclúe María Ramallo.
Relacionadas:
-
Marín afronta o aumento da subministración eléctrica: de 600.000 euros anuais a 700.000 euros en seis meses
Por Redacción |
-
O novo auditorio de Marín acollerá unha oficina de turismo que terá como protagonista a realidade virtual
Por Oskar Viéitez |
-
Marín prepara un novo Plan Cultural para o 2024 dotado con cerca de 64.000 euros
Por Oskar Viéitez |
-
Marín estrea o seu centro de día, do que xa gozan unha vintena de maiores
Por Redacción |
-
O Porto de Marín saca a licitación a renovación dos piares da lonxa pesqueira
Por Redacción |
-
Dispoñible un directorio en liña con 109 asociacións de Marín e as súas actividades
Por Redacción |
-
Os servizos de Atención Primaria de Marín, Vilagarcía, Caldas e O Grove engádense aos plans de saúde locais
Por Redacción |