Retiran os históricos bolardos da entrada do Pazo Provincial
Por Alejandro Espiño
A entrada do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra, en plena avenida de Montero Ríos, será a partir de agora un pouco máis accesible para todos os cidadáns.
A pedimento do goberno municipal, o executivo que preside Luis López accedeu a retirar os bolardos que separaban esta entrada da avenida.
Nesta actuación, a Deputación investiu uns 5.000 euros, xa que ademais de retirar estes elementos houbo que cubrir o oco que deixaron e reparar o pavimento.
"No seu día tiñan sentido", apuntou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, porque nesa zona aparcaban coches, pero nestes momentos "o único que facían era ocupar o espazo público" e non tiñan ningunha utilidade.
Por iso é polo que o Concello pedise ao goberno provincial que os quitase para "deixar expedito", segundo o alcalde, todo este espazo e unir a entrada do pazo co resto da avenida.