A campaña 'Debuxar sorrisos' logra xuntar preto de 2000 xoguetes
Por Redacción
Froito dos fondos recadados na campaña solidaria de Nadal 'Debuxar sorrisos', ABANCA e Afundación entregaban este mércores a Cáritas, Cruz Vermella e a Fundación Madrina un lote de 1.914 xoguetes novos.
As tres organizacións sociais encargaranse agora de repartir os agasallos entre familias que están a vivir momentos complicado. Cáritas realizará a distribución dos agasallos en Pontevedra, A Coruña, Santiago, Pontevedra, Ourense, San Sebastián e Palma de Mallorca. Cruz Vermella fará a repartición en Vigo, Lugo, Ferrol, León, Oviedo e Mérida. En Madrid encargarase a Fundación Madriña.
Os xoguetes son novos e foron adquiridos polo banco e a súa Obra Social con parte das doazóns realizadas no marco da campaña 'Debuxar sorrisos'. O obxectivo desta iniciativa é que o maior número posible de nenos e nenas poidan vivir a ilusión de ter unha sorpresa nas súas casas o Día de Reis.
A campaña seguirá aberta para recibir doazóns a través da web https://dibujarsonrisas.abanca.com/ ata o próximo 6 de xaneiro. O diñeiro que se consiga reunir a partir de agora destinarase á adquisición de produtos de alimentación para a Federación Española de Bancos de Alimentos.
Relacionadas:
-
Achégase o final da campaña solidaria "Un xoguete baixo a árbore", de Novas Xeracións do PP
Por Oskar Viéitez |
-
Abanca entrega a Cáritas os 2.000 xoguetes recadados pola campaña 'Debuxar sorrisos'
Por Mónica Patxot |
-
Xoguetes para 'debuxar sorrisos' nas familias máis afectadas pola crise da covid-19
Por Redacción |