Acto de homenaxe a Ricardo Noya ao despedirse, por xubilación, da Capitanía do Porto de Marín
Por Redacción
Este xoves rendíase unha homenaxe a Ricardo Noya, que deixa a Capitanía do Porto de Marín despois de máis de tres lustros de servizo.
Representantes de todos os segmentos vinculados ao ámbito portuario asistiron a este acto realizado nun restaurante situado no Paseo Marítimo Alcalde Blanco.
A quenda de intervencións iniciábase con María José de Pazo, portavoz das familias da tripulación do Villa de Pitanxo. Puxo de manifesto a entrega e atención que Ricardo Noya mostrou no desempeño das súas funcións durante a súa traxectoria profesional, destacando o trato con atención e interese polos diferentes asuntos aos que se enfrontaba.
O xefe de distrito Carlos Paulino finalizaba o acto e facíalle entrega dunha fin de semana nun balneario, entre outros detalles que os asistentes tiveron co homenaxeado.