Un mergullo solidario co cancro infantil pon o broche de ouro a 2023 en Sanxenxo
Por Redacción
O ano 2023 acabou en Sanxenxo con espírito solidario. Un ano máis, a asociación Aladina organizou o mergullo solidario co que se recadan fondos para a investigación do cancro infantil.
A partir das cinco da tarde, a praia de Silgar empezou a encherse de bañistas e veciños con fins solidarios, moitos deles con disfraces ou vestidos con referencias ao Nadal e ao ano que acaba.
Na praia vendéronse rifas e moitas persoas participantes xa realizaran as súas colaboracións en liña.
A cita estivo amenizada pola música de Marcos Sabor e terminou cunha chocolatada.
Relacionadas:
-
"Galicia debe contar cun plan integral de control do cancro"
Por Redacción |
-
Mustangs descapotables para pasear a Melchor, Gaspar e Baltasar por Sanxenxo
Por Redacción |
-
Haberá restricións no tráfico da capital pola Cabalgata de Reis
Por Oskar Viéitez |
-
O ano volverá terminar en Sanxenxo queimando calendarios e cun mergullo solidario
Por Redacción |
-
Unha boa causa ben vale un baño frío
Por Redacción |