O Grove e A Illa levan parte do primeiro premio da Lotería do Neno
Por Redacción
O número 94974 foi agraciado co Gordo do Sorteo Extraordinario do Neno 2024, dotado con dous millóns de euros por serie, segundo informa Loterías e Apostas do Estado.
Administracións de lotería do Grove, A Illa de Arousa, Redondela e Vigo despacharon polo menos un décimo do 94974, agraciado con 200.000 euros.
Este primeiro premio tamén caeu nos concellos galegos das Pontes, A Coruña, Ourense, Xinzo de Limia e Viveiro.
O segundo premio, dotado con 750.000 euros por serie –75.000 ao décimo–, foi para o número 89.634. Vendido na súa totalidade en Móstoles.
O terceiro premio foi para o número 57033, dotado con 250.000 euros a serie –25.000 ao décimo–. Vendeuse nas catro provincias de Galicia. Na pontevedresa, repetiron sorte A Illa de Arousa e Vigo e tamén foron afortunados Cangas e O Porriño. No resto da comunidade, o 57033 foi despachado na Coruña, Santiago de Compostela, Bergondo, Lugo, Xinzo de Limia, Ourense e Barbadás.