"O tráfico de haxix está banalizado como parte da paisaxe e non ten a repercusión que debería ter"
Por Natalia Puga
Todos os pasos que segue o tráfico de haxix, desde que a mercadoría se fabrica na montaña de Marrocos ata que chega ao cliente final. Ese é o contido que poderá ver o espectador do documental La Guerra del Hachís, creado e dirixido polo xornalista pontevedrés Víctor Méndez e que o 16 de xaneiro estrearase na plataforma Movistar Plus+ . Antes, este xoves día 11, o primeiro episodio poderá verse en exclusiva en Pontevedra.
Este documental é unha produción de Imagen y Comunicaciones de Pontevedra, Narcodiario e Movistar Plus+ e a presentación oficial será o día 11 ás 20.15 horas no Liceo Casino.
Leticia Pérez Rico, responsable editorial de Documentais e Música de Movistar Plus+, presentará o acto. Tras a emisión da preestrea do primeiro episodio, os principais protagonistas da obra, máximos responsables das forzas de seguridade de Andalucía e Cataluña e o xefe antinarcóticos da Policia Judiciaria de Portugal, participarán nun coloquio. Entre o público, ademais, estarán altos cargos da Fiscalía, a Garda Civil e a Policía Nacional e autoridades políticas.
A documental conta coa colaboración do Concello e a Deputación de Pontevedra. Este martes, presentárono na sede municipal a concelleira Anabel Gulías e Víctor Méndez.
O director, xornalista especializado en temas de narcotráfico en Diario de Pontevedra e Narcodiario, adiantou que ten dous episodios e que todos eses pasos do tráfico de haxix aparecerán "perfectamente explicados", con imaxes, con testemuños das forzas de seguridade e dos propios narcotraficantes.
Así, por exemplo, por primeira vez, un medio audiovisual estará desde a primeira reunión dos investigadores para deter un grupo de narcotraficantes ata a súa detención na súa vivenda e sairá un destacado integrante do cártel dos Balcáns, que domina o tráfico de drogas a nivel internacional agora mesmo. "Está ante a cámara e responde as nosas preguntas", revela Méndez.
Os dous episodios deste documental van permitir "espir, desmitificar a cuestión do haxix", pois considera que parece que estamos demasiado afeitos a ver grandes alixos, especialmente aquí en Galicia de cocaína e no sur de España de haxix, que forman parte da paisaxe, e non se analizan en profundidade e perspectiva.
Buscan, "poñer os puntos sobre as íes" e explicar realmente as consecuencias, con imaxes reais, do que sucede ás persoas que trafican con haxix e "as consecuencias non só para a saúde das persoas, senón para a vida das persoas".
Ao tráfico de haxix non adoita dárselle a importancia que ten en realidade a pesar de que, entre 2018 e 2023 nas provincia do sur de Andalucía interviñéronse 1.300 millóns de quilos de haxix, unha cantidade "espectacular" e, con todo, " está un pouco banalizado como parte da paisaxe e non ten a repercusión seguramente que debería ter". Así, por exemplo, non adoita poñerse o foco en que "hai mortos constantemente en todas as bandas".
Ademais, o tráfico de haxix adoita utilizarse para lograr fondos para financiar os grandes alixos de cocaína, que son máis caros, e as organizacións criminais comercializan con todo tipo de substancias. "Son cousas que non transcenden ou que deberían transcender. É o que vimos contar neste documental".
Anabel Gulías destacou que este é o xa o segundo traballo para Movistar Plus de Víctor Méndez, tras Narcogallegos, e a importancia que ten para a cidade volver aparecer nunha plataforma de distribución a nivel estatal e colaborar na divulgación de mundo do haxix e "que se poida profundar en cales son as verdadeiras causas e os verdadeiros problemas".
Relacionadas:
-
A Fundación Galega Contra o Narcotráfico alerta do aumento da criminalidade derivada do tráfico de drogas
Por Redacción |
-
Víctor Méndez presenta o documental 'La guerra del hachís' no Liceo Casino
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Dous detidos nun domicilio de Bueu por tráfico de drogas
Por Oskar Viéitez |
-
Un grovense detido nunha operación contra o tráfico de persoas e drogas
Por Redacción |
-
A UNED proxectará en Pontevedra o segundo episodio de 'Narcogallegos', o documental de Víctor Méndez
-
Expertos en narcotráfico debaterán en Pontevedra en que punto se atopa a loita contra a droga
Por Alba Feijoo Alonso |
-
Os 'Narcogallegos' de Víctor Méndez chegan a Movistar Plus en formato documental
Por Alejandro Espiño |
-
Desestiman unha demanda que pretendía cambiar o libro ‘Narcogallegos’ por vulneración do dereito á honra
Por Natalia Puga |
-
Da heroína ao fentanilo, o percorrido de Víctor Méndez polos 'traficantes da morte'
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
"Para loitar contra o narcotráfico necesitamos impulso político e recoñecemento social"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Víctor Méndez: "Mentres haxa negocio, e vai seguir habéndoo, o narcotráfico non vai desaparecer"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |