![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/cb0/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/65a0dfb83c-20240111-patxot-salvemos-o-acibal-0581.jpg)
© Mónica Patxot
'Salvemos o Acibal' analizou os desafíos dos montes galegos ante a irrupción dos parques eólicos
O Teatro Principal acollía este xoves un acto para analizar a situación actual dos montes en Galicia e, en concreto, da provincia de Pontevedra ante as perspectivas de proxectos de creación de parques eólicos de maneira masiva.
Baixo o título 'Salvemos o Acibal', o monte situado en Amil, Moraña, centrou a principal atención deste evento no que se debateu sobre a narrativa que promoven desde a Xunta de Galicia e por parte das empresas enerxéticas fronte á situación das persoas que se atopan afectadas por estes grandes proxectos de enerxías renovables con danos ambientais e patrimoniais.
O acto abríase coa proxección dunha curtametraxe sobre o Acibal para, a continuación, realizarse unha lectura do 'Manifesto pola defensa dos nosos montes e os seus bens', a cargo de Martina Viéitez, integrante do colectivo A Forneiriña.
Posteriormente Nery Díaz, de Ecoloxistas en Acción Galiza Atlántica e Verde; Antón Sobral, representante do Ateneo de Pontevedra; e Benito Andrade, da Asociación Pola Defensa da Ría (APDR), analizaban nun coloquio a incidencia que supoñen as accións das grandes empresas nos montes da provincia.
Acto 'Salvemos o Acibal'
Evento celebrado no Teatro Principal de Pontevedra o 11 de xaneiro de 2024 coa lectura do manifesto, presentación do documental 'Derrubando Xigantes: Amil' e un coloquio sobre os parques eólicos
© Mónica Patxot