Chega unha fin de semana de chuvascos nas Rías Baixas coa entrada de vento do sur
Por Redacción
Este venres 12, as Rías Baixas continúan dentro do radio de acción das altas presións que se atopan situadas sobre Irlanda, segundo informa o servizo de Meteogalicia. O ceo preséntase con nubes de tipo alto que permitirán o paso do sol. As temperaturas manteranse entre 1 grao de mínima e 13 de máxima na provincia de Pontevedra. O vento soprará de compoñente leste, frouxo, con intervalos de moderado.
A partir do sábado 13 a situación comezará a cambiar pasando a un escenario intermedio entre altas e baixas presións con circulación de vento do sur.
Espéranse intervalos nubrados, con chuvascos, máis probables canto máis ao oeste de Galicia durante a mañá, que pasarán a ser xeneralizados durante a tarde. As temperaturas ascenderán pasando de 8 a 15 graos. Os ventos soprarán do sur, sendo fortes no litoral e nas zonas altas.
O domingo 14 será unha xornada de ceos con máis nubes na zona do litoral onde se rexistrarán choivas máis frecuentes e intensas ao longo de todo o día. As temperaturas subirán para situarse entre 13 e 17 graos. Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados en xeral, con intervalos fortes na costa atlántica.
Nos tres primeiros días da próxima semana, Galicia permanecerá na influencia das borrascas atlánticas con sucesivas frontes chuviosas. A probabilidade de precipitacións manterase ao redor do 90% en Pontevedra. Os ventos continuarán sendo de predominio dos ventos de compoñente sur que deixarán temperaturas suaves e mesmo altas para esta esta época do ano.