Impulsan a mellora do saneamento e do abastecemento en Altamira e Poleiros
Por Redacción
Altamira e Poleiros, situados nas parroquias de Vilalonga e Adina, serán os dous próximos puntos de Sanxenxo onde se renovarán as redes de saneamento e de abastecemento de auga. Os traballos execútaos a empresa concesionaria da auga Espina y Delfín.
Nos próximos días comezarán tamén os traballos en Xuncablanca, que forma parte das 81 actuacións repartidas polas sete parroquias que van permitir a modernización e universalización do servizo de abastecemento e saneamento.
O contrato contempla a ampliación da rede de saneamento e auga, con 59 actuacións para dotar destes servizos ás 726 vivendas do rural que carecen de saneamento ou auga.
Actuarase en Noalla (Tombelo, Pontes, Quintáns, Aios costeira), Vilalonga (Iglesario e Iglesario Lomba), Adina (Rial e Punta Montalvo), Dorrón (Barreiro, Rexenxo e praia de Agra), Nantes (Cancela, Pedroño, Pazos e Casal), Bordóns (Chandevila e Sear) e Padriñán (Palacios e Laxe).
Unha segunda fase deste plan contempla a renovación da rede principal existente con 14 actuacións para substituír tramos vellos e ampliar a capacidade das tubaxes.
A terceira fase, pola súa banda, é a relativa a novas infraestruturas de abastecemento de auga con sete actuacións entre as que destaca a construción dun novo depósito de auga.
Relacionadas:
-
Espina y Delfín avanza coas primeiras oito obras previstas en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Iniciada a provisión de material para o emisario de Montalvo
Por Redacción |
-
Ritmo frenético de obras en Sanxenxo na recta final do ano
Por Redacción |
-
Acuaes comeza as obras de ampliación da depuradora de Paxariñas
Por Oskar Viéitez |