Denuncian un condutor que abandonou o seu coche mal aparcado en Beiramar despois dun accidente
Por Natalia Puga
Un condutor que na madrugada do venres para sábado tivo un accidente na zona de Beiramar acaba de ser denunciado por varias infraccións: deixou o coche mal estacionado e non comunicou o accidente. Ademais, deberá asumir os gastos do guindastre e da reparación dos danos causados.
O condutor tivo un accidente coa súa furgoneta na glorieta de Uruguai en confluencia coa Ponte da Correntes. Chocou contra a varanda e abandonou o lugar, deixando o vehículo no medio do carril de circulación, aberto e coas chaves no contacto.
A Policía Local tratou de localizar o condutor sen éxito e procedeu á retirada da furgoneta ao depósito e tramitou as denuncias pertinentes.
O condutor finalmente presentouse nas dependencias da Policía Local na mañá deste luns e recoñeceu os feitos. Agora deberá facerse cargo de todos os gastos e responder ás correspondentes denuncias.