Os Gafos, unha vertedura menos
Por Redacción
Concello e Augas de Galicia, veñen de emendar un punto de vertido de augas residuais en el rio Gafos.
A vertedura procedía dunha tubaxe correspondente a unha saída da rede de pluviais localizada na rúa Rosalía de Castro.
Os técnicos do Plan de Control de Vertidos (PCV), que promove Augas de Galicia, realizaron unha inspección de campo para o inventario e caracterización dos focos contaminantes existentes no ámbito Galicia-Costa e detectaron a existencia deste punto de vertido.
Tras tomar mostras da contaminación asociada a dito punto de vertido, comunicouse a súa existencia aos técnicos do Concello, realizando unha nova inspección conxunta ao punto.
Despois de que o Concello realizara as obras de reparación comprobouse a ausencia de contaminación no efluente.