O PP pide o incremento de persoal no departamento de Servizos Sociais para deixar de ser "un ayuntamiento sin alma"
Por Anxo Lourido
Silvia Junco, concelleira do Partido Popular de Pontevedra, reclamaba este xoves un esforzo por parte do Concello de Pontevedra para potenciar os servizos sociais no municipio.
A edil popular explicou que no último informe anual elaborado pola Asociación Estatal de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais, Pontevedra figura como o único municipio galego co cualificativo de "pobre" e "reincidente". Junco manifestou que o Concello inviste 47,51 euros por habitante ao ano en gasto social. O baremo de excelencia márcase, desde a asociación, a partir dos cen euros.
Tamén ofreceu os datos do Instituto Galego de Estatística que cifra en 13.000 o número de domicilios de Pontevedra que, durante o ano 2023, "tuvieron que apretarse el cinturón para llegar a fin de mes". Silvia Junco apuntou que se trata de dous mil vivendas máis que o ano anterior.
"Mucha gente lo está pasando realmente mal y desde los ayuntamientos como administración más cercana hay que seguir ayudando a esas personas", argumentou a concelleira apuntando que Pontevedra non merece ser un "concello sen alma".
Desde as filas populares reclaman que se destine o 10% do orzamento municipal a servizos sociais, e con urxencia demandan que se reforce o persoal deste servizo.
A estas peticións suman un incremento da partida orzada para entidades sociais do terceiro sector, convocar subvencións para fins sociais, destinar unha partida para alugueiro dirixido a persoas en situación de vulnerabilidade e plans locais de emprego con talleres para persoas de longa duración nas listas do paro, maiores de 45 anos e menores de 30.
Silvia Junco lamentou a "falta de interés" por parte do goberno local ante estas situacións e esixe un "esfuerzo para no dejar a nadie atrás" lembrando que tamén é necesario un equipo de inclusión social.
Relacionadas:
-
Meses agardando por unha tarxeta de aparcamento para o seu fillo Martín, con 87% de discapacidade: "Só pido un mínimo de empatía"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O goberno local asegura que o Concello de Pontevedra esquivou o "colapso total"
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación mobiliza 4 millóns de euros en materia de Servizos Sociais e Turismo
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra é oficialmente "pobre" en Servizos Sociais
Por Oskar Viéitez |