O Entroido de Cobres preséntase polas parroquias
Por Redacción
Cada vez falta menos para o entroido e en Vilaboa, onde gozan dunha das citas de maior tradición da comarca, empezan xa a celelebrarlo.
Diversos puntos do municipio contaxiáronse do ritmo e colorido do tradicional Entroido de Cobres, nun roteiro de presentación que pasou por Santa Marta, Figueirido e Postemirón ao longo da mañá deste domingo e xa pola tarde por As Salinas.
Madamas e Galáns escenificaron as súas danzas por todo o percorrido como avance á programación que levará a cabo do 10 ao 13 de febreiro polas aldeas acompañados de agrupacións musicais.
Participaron na xornada ao redor de 70 persoas, entre parellas de bailes de nenos e adultos xunto aos músicos, dando unha mostra dunha das tradicións máis arraigadas en Vilaboa.
Relacionadas:
-
Máis de 3.000 personas apoian que o Entroido de Cobres sexa Festa de Interese Turístico Nacional
Por Redacción |
-
Para trasnadas, as deste luns cos maghachos do entroido de Cobres
Por Redacción |
-
Diversión e gastronomía local co Entroido de Cobres
Por Redacción |
-
A ameaza de Karlotta non estroperá o Entroido de Cobres
Por Redacción |
-
Fitur avanza o contido do Entroido de Cobres
Por Anxo Lourido |
-
O tradicional Entroido de Cobres bota man das novas tecnoloxías
Por Oskar Viéitez |
-
O Entroido de Cobres xa ten web e imaxe de marca propia
Por Redacción |
-
O Entroido de Cobres quere ser Festa de Interese Turístico Nacional
Por Redacción |