O desfile de Entroido en Cuntis, o domingo 11 de febreiro en horario matinal
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/501/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/63f36fe9ab-332336099_1001580787471772_1203144092254760175_n.jpg)
© Concello de Cuntis
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/c63/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/65b90a88de-cartel-entroido.jpeg)
© Concello de Cuntis
Ata 3.000 euros en premios repartirá o Concello de Cuntis no seu tradicional desfile de Entroido, que percorrerá as principais rúas da vila o próximo domingo 11 de febreiro. Farao en horario matinal, coa saída prevista ás once e media da mañá.
Os participantes no desfile, que poderán inscribirse ata dous días antes, o 9 de febreiro, poderán desfilar como comparsa, que deben estar formadas por un mínimo de vinte persoas; como grupos, entre dez e dezanove persoas; como parella, como individual ou como carroza.
O desfile partirá do lugar Casas do Monte, situado ao final da rúa Bernardo Sagasta, para continuar por Bernardo Sagasta, Rúa do Balneario, Rúa da Presiña, a Circunvalación Don Aurelio e a Praza da Constitución, onde finalizará o evento.
As carrozas deberán acceder a este percorrido pola entrada ao campo de fútbol de As Canteiras, situada na nacional N-640.
Para outorgar os premios, que serán decididos por un xurado, valorarase ademais do deseño, a confección e a orixinalidade dos disfraces, a música e a coreografía de cada unha das propostas e a animación e simpatía que despreguen os participantes no desfile.
En caso de que as inclemencias meteorolóxicas non permitan a saída do desfile, este trasladaríase para o sábado 24 de febreiro ás 16:00 horas, segundo recollen as bases do Entroido.