Selo de calidade para o Servizo de Farmacia de Montecelo
Por Oskar Viéitez
O Servizo de Farmacia Hospitalaria do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra acadou a nova certificación de calidade Q-PEX que outorga a Sociedade Española de Farmacia Hospitalaria.
Trátase dun recoñecemento á mellora continua e excelencia na atención farmacéutica a pacientes externos.
Este selo baséase nunha norma pioneira a nivel mundial, que proporciona os requisitos necesarios para desempeñar as actividades no ámbito asistencial, docente e de I+D+i nos servizos de farmacia hospitalaria.
A certificación Q-PEX avalía un total de 118 indicadores correspondentes a diferentes ámbitos relacionados coa planificación, xestión dos recursos, investigación, innovación, avaliación do desempeño e mellor atención e comunicación. Neste sentido, proporciona ferramentas para coñecer as necesidades dos usuarios e permite establecer un modelo de referencia na atención ao doente externo.
O acto de entrega desta certificación tivo lugar este martes ao mediodía no salón de acto do Hospital Montecelo.
Na actualidade, un dos principais retos en Farmacia Hospitalaria céntrase no aumento do número de pacientes externos, provocado por un maior envellecemento da poboación e pola cronificación de patoloxías. Por iso é polo que esta norma, orientada a un modelo de calidade profesional, teña a peculiaridade de centrarse nun ámbito tan estratéxico e permite homoxeneizar a atención prestada nas unidades de pacientes externos, dada a cantidade de atencións e variabilidade existente nos servizos de farmacia hospitalaria.
Relacionadas:
-
O Hospital de Día de Montecelo funciona xa con horario ampliado polas tardes
Por Redacción |
-
A oferta formativa en FP da área sanitaria de Pontevedra concentrarase no CIFP de Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
Chamamento de SOS Sanidade Pública a participar na manifestación en Santiago do 4 de febreiro
Por Anxo Lourido |
-
Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, lembra en Vilagarcía que o coidado da saúde mental é responsabilidade de todos
Por Redacción |