Abren as inscricións para participar na Pontevedrada 2024
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Pontevedrada 2024, que chega á súa décimocuarta edición, abre na medianoite deste un de febreiro o prazo de inscricións para participar nesta marcha que se celebrará nesta ocasión o próximo 27 de abril, sábado. Unha inscrición que ten un custo de dez euros e cuxa recadación se destina a custear os gastos que soporta a Asocación de Amigos da Pontevedrada.
Aínda que o período de inscricións estará aberto ata as 22.00 horas do 17 de abril, aquelas que se formalicen ata o 31 de marzo levarán o nome correspondente no dorsal.
Para formalizalas ofrécense tres opcións: a través do correo electrónico pontevedrada@gmail.com, a través da web asampo.org ou chamando ao número de teléfono 602526978 (Lucy).
Nas inscricións hai que facilitar: nome e apelidos, DNI, data de nacemento, localidade de residencia, un número de teléfono de contacto e dirección de correo electrónico. A Pontevedrada é unha andaina popular e solidaria que anualmente discurre entre Pontevedra e Santiago seguindo o Camiño Portugués da Ruta Xacobea.