A Fiscalía pide oito anos de cárcere para un vilagarcián acusado de exhibirse ante tres menores
Por Oskar Viéitez
A sección segunda da Audiencia de Pontevedra sinalou para o vindeiro xoves, 8 de febreiro, o xuízo contra un veciño de Vilagarcía acusado dun delito de abuso sexual a dous menores.
A Fiscalía solicita que sexa condenado a oito anos de prisión polos presuntos abusos e agresións sexuais que cometería en abril de 2021 contra tres menores de idade, nun lugar público.
O escrito de acusación da Fiscalía pide un ano de prisión por abuso sexual a unha menor de 13 anos e a outros catro por anos polo mesmo delito a unha menor de 16. Ademais, por tres delitos de exhibicionismo pide outro ano e medio de prisión e tamén solicitan 19 meses e 15 días de prisión por un delito de lesións.
Complementariamente o Ministerio Público reclama para o procesado cinco anos de liberdade vixiada e a súa inhabilitación durante 14 anos para calquera profesión ou oficio, retribuído ou non, que conleve contacto regular e directo con menores de idade.
Tamén que se impoña ao acusado a prohibición de aproximarse a unha da tres menores, ao seu domicilio ou aos lugares que frecuente a unha distancia non inferior a 100 metros e a de comunicarse con ela ou por calquera medio por un período de dez anos. E a mesma prohibición por dous anos para as outras menores implicadas.
Finalmente, o Ministerio Público reclama o pago dos gastos sanitarios orixinados ao Sergas e dunha indemnización a unha das menores de 12.114 euros, polas secuelas e danos morais.
Relacionadas:
-
Acepta dous anos de prisión por abuso sexual a unha menor de idade
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Un home acepta cinco anos e medio de prisión por violar e morder nunha orella a outro nun lugar público
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
A sentenza que condena a un profesor por abusos debe revisarse para analizar mellor unha acusación por agresión sexual
Por Natalia Puga |
-
"A túa filla leva cinco anos vivindo un inferno, sufriu abusos"
Por Natalia Puga |