187 gatos adoptados e 6.000 euros de déficit é o balance de Difusión Felina o pasado ano
Por Oskar Viéitez
Difusión Felina fixo balance da súa actividade durante o pasado ano 2023 que se resume en dúas cifras: 187 gatos adoptados e 6.005 euros en déficit.
Esta asociación sen ánimo de lucro de persoas voluntarias dedícase a coidar gatos abandonados, mantén 81 animais en acollida e sostén colonias na rúa.
"O balance de cada ano, como é habitual, querémolo facer público, para que coñezades o que deparou 2023… entre altibaixos, tristezas e alegrías. Este foi un ano que transcorreu xunto ás persoas voluntarias que nos apoian e que sen as cales non sería posible levar a bo termo os labores, coas que se pretende que os gatos da rúa vivan un pouco mellor e que se atopan desatendidos, polos que, tendo obrigación legal… non o fan", manifestan desde Difusión Felina.
O 2023 foi "especialmente duro", por todas as urxencias veterinarias que atenderon "que nos levou ao límite do asumible".
"Foi un ano para querer esquecer, principalmente por toda esa xente mala que nos atopamos no camiño, pero que finalmente conseguimos apartar", engaden.