Quirónsalud pon en marcha a Unidade da Dor para mellorar a calidade de vida de pacientes con dor crónica
O Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez pon en marcha a Unidade da Dor para ofrecer un servizo multidisciplinar do estudo e tratamento da dor aguda e crónica, co obxectivo de mellorar a calidade de vida destes pacientes e recuperar de forma integral o seu benestar físico e emocional.
Este novo servizo, "dispón dun equipo de profesionais con ampla experiencia no tratamento da dor, na aplicación de técnicas invasivas e no uso de terapias e tecnoloxía avanzada", así o resalta o responsable da unidade, o doutor Guillermo Petinal, especialista en anestesioloxía e coidados críticos.
A Unidade traballa de forma coordinada con outros especialistas: neurocirurxiáns, rehabilitadores, fisioterapeutas, traumatólogos, reumatólogos, psiquiatras, psicólogos e oncólogos, entre outros. Co compromiso de apostar por unha abordaxe multidisciplinar no manexo da dor crónica dos pacientes e construír diagnóstico compartido, capaz de xerar respostas máis eficaces no manexo da dor.
"O tratamento da dor, é un traballo de equipo no que cada peza é importante dada a complexidade das patoloxías e a variabilidade entre os pacientes, onde é necesaria a atención o paciente de forma individualizada", remarca o Doutor Petinal.
O 22% DA POBOACIÓN GALEGA AFECTADA
Segundo os datos recollidos polo 'Barómetro da dor crónica en España 2022', máis da cuarta parte da poboación española sofre dor crónica, definida como aquela que perdura máis de tres meses e que debido á súa prolongación no tempo afecta o paciente en múltiples áreas da súa vida, como o traballo, a familia e o lecer.
No ano 2021, a Sociedade Galega de Dor e Coidados Paliativos (SGADOR) subliñou que a dor crónica podería afectar ao 22% da poboación galega, o que se reflicte nos máis de 32.000 pacientes que son atendidos cada ano nas Unidades de Tratamento da Dor (UTD) situadas nos hospitais galegos.
Cómpre destacar que a dor lumbar constitúe a causa diagnóstica máis frecuente de dor crónica en Galicia, que repercute no 64,6% dos pacientes. Como consecuencia, a actividade que se ve máis prexudicada nos pacientes que sofren de dor crónica en Galicia é levantarse dunha cadeira ou da cama, o que xera limitacións no 60,2% dos individuos.
A Unidade da Dor trata múltiples procesos e doenzas crónicas. Principalmente aqueles que incumben á columna vertebral a nivel óseo, neurolóxico e muscular, con ou sen antecedentes de cirurxía; así como artrose, procesos dexenerativos ou inflamatorios a nivel de xeonllo, cadeira e ombreiro. A hemicrania e cefaleas e a fibromialxia tamén son tratadas co ánimo de identificar a orixe da dor e mellorar a situación do paciente.
En canto ao tratamento, esta Unidade ofrece alternativas terapéuticas específicas e personalizadas, como son os tratamentos farmacolóxicos, as infiltracións e toxina botulínica. Así mesmo, o hospital dispón de máis de 20 especialidades médicas e tecnoloxía radiodiagnóstica para poder obter un diagnóstico personalizado e dar continuidade asistencial a cada paciente.
SOBRE QUIRÓNSALUD
Quirónsalud é o grupo de saúde líder en España e, xunto coa súa matriz Fresenius-Helios, tamén en Europa. Ademais da súa actividade en España, Quirónsalud está tamén presente en Latinoamérica. Conxuntamente, conta con máis de 50.000 profesionais en máis de 180 centros sanitarios, entre os que se atopan 59 hospitais con máis de 8.000 camas hospitalarias. Dispón da tecnoloxía máis avanzada e dun gran equipo de profesionais altamente especializado e de prestixio internacional. Entre os seus centros, atópanse o Hospital Universitario Fundación Jiménez Díaz, Centro Médico Teknon, Ruber Internacional, Hospital Universitario Quirónsalud Madrid, Hospital Quirónsalud Barcelona, Hospital Universitario Dexeus, Policlínica Gipuzkoa, Hospital Universitari General de Catalunya, Hospital Quirónsalud Sagrado Corazón, etc.
O Grupo traballa na promoción da docencia (dez dos seus hospitais son universitarios) e a investigación médico-científica (conta co Instituto de Investigación Sanitaria da FJD, acreditado polo Ministerio de Ciencia e Innovación).
Así mesmo, o seu servizo asistencial está organizado en unidades e redes transversais que permiten optimizar a experiencia acumulada nos distintos centros e a translación clínica das súas investigacións. Actualmente, Quirónsalud está a desenvolver multitude de proxectos de investigación en toda España e moitos dos seus centros realizan neste ámbito un labor punteiro, sendo pioneiros en diferentes especialidades como oncoloxía, cardioloxía, endocrinoloxía, xinecoloxía e neuroloxía, entre outras.
Relacionadas:
-
Quirónsalud pon en marcha novas ferramentas dixitais para mellorar o día a día dos seus pacientes no hospital
Por Noticia patrocinada |
-
Mi Quirónsalud, unha aplicación para xestionar a saúde de toda a familia
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud Miguel Domínguez reforza os servizos de Traumatoloxía, Radioloxía e Pneumoloxía con novos médicos
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud amplía a súa carteira de servizos cunha unidade de cirurxía maxilofacial e odontoloxía
Por Noticia patrocinada |