O Porto de Marín retirou 1.337 toneladas de residuos durante o ano pasado
Por Redacción
Os diferentes sistemas implantados no Porto de Marín para a recollida selectiva e reutilización de residuos por parte da Autoridade Portuaria, instalacións frigoríficas e departamentos de exportadores entre outros, deron como resultado a retirada de 1.337.738 quilos de residuos durante o ano 2023.
A consolidación da recollida selectiva no porto por parte da Autoridade Portuaria e a empresa de Servizos Portuarios Cantodarea, e a cada vez maior concienciación dos usuarios, facilita a xestión portuaria dos diferentes residuos.
Deste xeito, unha vez descartados os residuos sólidos urbanos e asimilables que ascenden a un 17,9% do total, o 82,1% restante foi valorizable durante o pasado exercicio ao estar separado en orixe.
Os sistemas de xestión de residuos fóronse facendo extensivos a un cada vez maior número de instalacións en toda a comunidade portuaria nos últimos anos. Como resultado, entre 2013 e 2023 retiráronse de forma selectiva máis de 10 millóns de quilos de material de desfeito.
O Porto de Marín ten adquirido un pleno compromiso na xestión ambiental de residuos relacionados coas actividades marítimas e portuarias. O maior volume de residuos separados en orixe durante 2023 corresponde ás redes e séguenlle o papel e cartón, ademais doutras importantes cantidades de plásticos e restos de madeira ademais de 18 toneladas de lixos mariños.
Relacionadas:
-
Aumentan nun 23% os buques mercantes que fixeron escala no porto de Marín no inicio de 2024
Por Anxo Lourido |
-
Catorce toneladas de residuos menos nos fondos da ría de Arousa
Por Redacción |
-
Suárez Costa dá conta ao Consello de Administración do balance de xestión portuaria do 2023
Por Redacción |
-
Recala en Marín o buque Pyxis Ocean, o primeiro cargueiro propulsado por enerxía eólica
Por Redacción |
-
Retiran 1.200 quilos de lixo mariño dos fondos do porto de Sanxenxo
Por Redacción |
-
O Porto de Marín mantivo en 2023 o tráfico de mercadorías por encima dos 2,1 millóns de toneladas
Por Redacción |