A AECC comeza en marzo en O Grove o seu programa de rutas saudables
Por Redacción
O próximo 7 de marzo a Asociación Española Contra o Cancro no Grove xunto co centro de saúde meco comezan un programa de roteiros para fomentar hábitos saudables entre a poboación do municipio.
Será o primeiro dos roteiros ata un total de seis que se sucederán quincenalmente. Catro saídas serán polo Grove e as dúas últimas por San Vicente do Mar e A Lanzada. Prevíronse dous grupos por cada roteiro, ás 10.30 e ás 17.00 horas. A duración de cada roteiro estímase en hora e media e os asistentes estarán guiados por traballadores do centro de saúde e voluntariado da Asociación Española Contra o Cancro.
A participación é gratuíta, pero as prazas son limitadas polo que hai que realizar as inscricións no correo electrónico pontevedra@contraelcancer.es. No caso de pacientes oncolóxicos deberán presentar previamente unha autorización médica, para garantir o seu benestar.
Facer exercicio e evitar así o sedentarismo é unha ferramenta de prevención fundamental fronte ao cancro. Por iso desde a AECC insisten en fomentar a actividade física por todos os beneficios para a saúde que reporta, tanto físicos, como psíquicos e sociais.
Relacionadas:
-
Nova campaña da AECC para aumentar a participación nos cribados de cancro colorrectal
Por Redacción |
-
En marcha a primeira edición das Rutas Saudables da AECC no Grove
Por Redacción |
-
O segundo roteiro de 'Voando nas Rías Baixas' completa en poucas horas as prazas ofertadas
Por Redacción |
-
Retornan as Rutas Saudables da AECC para loitar contra a vida sedentaria
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |