Normalizar as enfermidades raras, proposta da asociación No Estamos Solos en Marín
Por Redacción
Familias con menores con enfermidades raras constituíron a Asociación No Estamos Solos, con sede en Marín pero de ámbito autonómico.
Este colectivo quere visibilizar a situación de nenos e nenas con estas afeccións. Por este motivo, o venres 1 de marzo, de 17.00 a 20.00 horas, o multiusos da praza de abastos de Marín, será o espazo onde se realizará unha xornada que pretende normalizar este tipo de enfermidades para toda a sociedade.
A través de xogos e de actividades lúdicas, a proposta da asociación é que se realicen accións en común entre menores que pasan, normalmente, por un proceso de difícil adaptación á súa contorna.
Desde No Estamos Solos realizan un chamamento á sociedade para que se arroupe e tamén se axude a estes escolares, ademais de reclamar máis investigación sobre estas doenzas.
Relacionadas:
-
A Carreira de Leo entrega un cheque de 11.915 euros en apoio á investigación das enfermidades raras
Por Oskar Viéitez |
-
Un ciclo de charlas abordará en Cuntis as necesidades das familias que conviven co Alzhéimer
Por Redacción |
-
Retornan as Rutas Saudables da AECC para loitar contra a vida sedentaria
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |