Suspendido o concurso de parodias de Sanxenxo e o baile de disfraces de maiores
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Sanxenxo prepárase para a traca final do seu Entroido, coa celebración o vindeiro domingo 3 de marzo dos desfiles de disfraces infantil, pola mañá, e de adultos pola tarde.
O goberno local espera unha alta participación na xornada de desfiles, xa que o aprazamento supuxo, aseguran, un récord de inscricións.
Pola contra o cambio de data fixo efecto no concurso de parodias, previsto para este sábado 2 de marzo, xa que boa parte dos rexistrados déronse de baixa obrigando a cancelar o evento.
Tamén se suspendeu, no seu caso polas previsións de choiva e vento para a xornada de sábado, o baile de disfraces de maiores previsto na programación municipal.
No que respecta a os desfiles, contarán este ano con 13.265 euros en premios, a repatir entre o desfile infantil que arrincará ás 12.00 horas e o de adultos previsto para as 16.30 horas do domingo.
Relacionadas:
-
Diversión para todos os públicos nos desfiles de Entroido en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Restricións de tráfico en Sanxenxo e Portonovo durante o domingo polos desfiles do Entroido
Por Redacción |
-
Aprazado de novo o Entroido de Sanxenxo debido ao mal tempo
Por Redacción |
-
Aprazado polo mal tempo o desfile infantil do entroido de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Os desfiles de entroido de Sanxenxo repartirán 13.265 euros en premios
Por Redacción |