En marcha a primeira edición das Rutas Saudables da AECC no Grove
Por Redacción
A Asociación Española Contra o Cancro organiza a primeira edición do seu programa Rutas Saudables no Grove, coa colaboración do Centro de Saúde da localidade.
Trátase dunha actividade gratuíta que pretende evitar o sedentarismo da poboación e promover hábitos de vida saudables.
Poden participar todas aquelas persoas que queiran comezar a realizar andainas beneficiosas para a saúde.
A primeira cita está prevista para o xoves 7 de marzo e terá continuidade durante doce semanas.
Estableceranse dous grupos durante os xoves, cunha sesión matinal ás 10.30 e outra en horario de tarde, ás 17.00 horas.
As persoas interesadas deberán inscribirse previamente a través do correo electrónico pontevedra@contraelcancer.es