Montse Lamas Castro, traballadora de servizos funerarios, recibirá o Premio 8 de Marzo da UGT
Por Redacción
A Unión comarcal de UGT Pontevedra-Arousa-Deza entregará o Premio 8 de Marzo deste sindicato a Montserrat Lamas Castro, unha traballadora de servizos funerarios, sector moi masculinizado, no que exerceu como delegada sindical durante oito anos.
A proposta procede da Federación UXT-Servizos Públicos Pontevedra e o premio será entregado este xoves 7 de marzo, ás 11.30 horas, nun acto previsto no local sindical de UGT na Rúa Pasantería.
Montse Lamas lembra que cando comezou neste traballo só había catro mulleres, na área de administración e unha maquilladora pero ningunha responsable funeraria. Recoñece as dificultades que se atopaba nos seus inicios hai máis de vinte anos no sector. "Algúns compañeiros non recibían ben que unha muller lles dixera o que tiñan que facer", afirma.
Co paso dos anos, as mulleres configuran o 25% do persoal da súa empresa funeraria, sinala para insistir en que "todo é posible. Só hai que tentalo", mensaxe que traslada á súa filla adolescente para que asuma aqueles retos que teña en mente.
Montse Lamas defende a loita das mulleres e das traballadoras e traballadores polos seus dereitos co obxectivo posto en lograr un mundo máis igualitario e xusto.
Relacionadas:
-
Rogelia dos Outeiros leva o seu espectáculo 'Soa' ao Liceo Casino con motivo do 8M
Por Redacción |
-
Unha xornada de escalada e orientación deportiva para "romper esa brecha, que as mulleres poden facer calquera tipo de deporte"
Por Diego Espiño |
-
Josefa Vázquez Juncal "Señora Pepa" será lembrada pola Asociación Veciñal Salcedo Norte
Por Anxo Lourido |