60 estudantes do Grove experimentan a sensación de desprazarse en cadeira de rodas
Por Redacción
Estudantes do IES Monte da Vila do Grove asistían nas últimas horas a unha charla de sensibilización ofrecida por dúas traballadoras sociais de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).
Durante este encontro, estes sesenta alumnos e alumnas de primeiro de bacharelato aprenderon detalles sobre a discapacidade, as tipoloxías e como se debe tratar a unha persoa con discapacidade.
Ademais da sesión teórica, o alumnado participaba dunha actividade práctica para comprobar en primeira persoa como é o desprazamento utilizando unha cadeira de rodas ou como perciben os espazos as persoas invidentes ao ter que realizar unha práctica grupal camiñando cos ollos tapados.
Trátase da primeira vez en que persoal de COGAMI desprázase a este centro e a intención é concienciar sobre a diversidade que existe na sociedade e da importancia que ten saber que as persoas son diferentes e que todas teñen capacidades.
Relacionadas:
-
COGAMI logra a inserción laboral de máis da metade de participantes do programa Máis Emprego
Por Redacción |
-
COGAMI premia o Náutico de Sanxenxo e á empresa Numarsi polo seu labor en favor da inclusión
Por Redacción |
-
Os fondos do recadro social da Renda axudan a mellorar as instalacións de COGAMI en Monte Porreiro
Por Redacción |