COGAMI logra a inserción laboral de máis da metade de participantes do programa Máis Emprego
Por Redacción
Mellorar a empregabilidade das persoas con discapacidade nunha situación vulnerable é a proposta do programa de inserción laboral Máis Emprego, que desenvolve COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade). Este programa destínase a persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 65 anos.
No programa foron atendidas un total de 108 persoas, 55 mulleres e 53 homes, coa intención de mellorar as súas situacións sociolaborais. Todas estas persoas teñen en común que corren o risco de estar en situación de exclusión social e contan cun certificado de discapacidade ou incapacidade laboral p ara a profesión habitual. Nestes programas trabállase de maneira individual, cun deseño de itinerarios personalizados e coa intención de buscar a súa entrada no mercado laboral.
Máis Emprego conta con financiamento por parte do Fondo Social Europeo e da Fundación "la Caixa". No seu desenvolvemento impartíronse cinco cursos formando a 70 persoas, 36 mulleres e 34 homes. As temáticas atopábanse orientadas a ámbitos que precisan persoal dentro da zona como, por exemplo, a limpeza hospitalaria, en Vilagarcía de Arousa e Pontevedra; traballo de recepcionista en Marín ou no Salnés; ou o curso de expendendor de combustible impartido no Concello de Cuntis.
Segundo a comarca de procedencia das persoas participantes no programa: 34 atópanse empadroadas en Pontevedra; 25 proceden da comarca do Salnés; 13 de Caldas de Reis; e tres do Morrazo, entre outras comarcas.
O programa iniciouse en 2017 e ata o momento atendeu a un total de 558 persoas, das que 496 formáronse nalgún dos 37 cursos impartidos. De todas as persoas que pasaron polo programa Máis Emprego durante estes seis anos, conseguiron inserirse laboralmente 302 persoas, unha porcentaxe que supera o 54%.
Relacionadas:
-
60 estudantes do Grove experimentan a sensación de desprazarse en cadeira de rodas
Por Redacción |
-
O Concello abrirá nuns días o novo vial da ONCE, entre Luís Braille e a Avenida de Vigo
Por Oskar Viéitez |
-
COGAMI premia o Náutico de Sanxenxo e á empresa Numarsi polo seu labor en favor da inclusión
Por Redacción |
-
Cogami imparte en Cuntis un curso de expendedor de combustible para 12 persoas con discapacidade
Por Redacción |