O Carlos Oroza celebra o X Campeonato de Sumillería Suso Domínguez que gañou Justin González
Por Oskar Viéitez
O CIFP Carlos Oroza acolleu o seu X campionato de sumillería Suso Domínguez, que non só busca promover a excelencia nesta especialidade de servizos, senón elevar o valor e o prestixio da profesión de sumiller como opción de futuro para o alumnado.
O evento é unha oportunidade para que os participantes, que veñen de 23 centros educativos de España e Portugal demostren as súas habilidades e coñecementos no mundo da sumillería. O gañador desta edición foi o alumno Justin González Fernández, do CIFP Carlos Oroza.
A competición deu comezo onte mércores, xornada na os participantes enfrontáronse a unha serie de desafíos deseñados pola organización para poñer a proba os seus coñecementos e habilidades sensoriais. As probas incluiron un Wine Test Basic, unha Carta Errónea, unha Proba de aromas e unha esixente Cata a Cegas.
A competencia continuou este xoves cunha emocionante final onde se anunciaron os 9 semifinalistas. A final incluiu probas emocionantes e entretidas para o público como o Wine Test Prol, a Proba de Maridaxe, o "Pasapalabra Wine Edition", desafíos de velocidade, servizo de viño e demostración de estilo e profesionalidade.
O xurado, presidido desde a primeira edición por Xoan Cannas, contou coa participación de destacados profesionais como Esther Daporta, sumiller do restaurante Yayo Daporta, Tomás Ucha, exalumno do centro e director de vinos de Berria Wine Bar de Madrid, ademáis de actual campión de sumilleres de Galicia, Mario Ayllón, exalumno do centro, sumiller en Berria Wine Bar de Madrid, ademáis de excampión do campionato de sumillería Suso Domínguez na súa 4ª edición. Completan o xurado da final Silvia García, Víctor Otero e Eduardo Camiña.
O conselleiro de Educación en funcións, Román Rodríguez; o presidente da Deputación, Luis López e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; a directora xeral de FP, Eugenia Pérez Fernández, a subdirectora xeral de Innovación e FP, Cristina Lesta; a diputada de turismo da Deputación, Nava Castro, participaron na clausura da X edición do concurso, liderado polo CIFP Carlos Oroza.
Román Rodríguez recordou que esta edición é especial porque rende homenaxe tamén ao poeta que dá nome ao centro, Carlos Oroza, no seu centenario.
Relacionadas:
-
Rueda apreza a innovación do alumnado do CIFP Carlos Oroza na visita aos novos espazos do centro
Por Anxo Lourido |
-
Aberto o prazo para reservar no proxecto formativo do Carlos Oroza no Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
Semana para lembrar o poeta que dá nome ao CIFP Carlos Oroza e celebrar o Campionato de Sumillería
Por Redacción |