8M | A CIG reclama "un modelo social máis xusto e facernos iguais en dereitos"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot
Como cada 8 de marzo, a CIG convocou a un nutrido grupo de persoas, fundamentalmente mulleres, para percorrer durante a mañá deste venres as principais rúas de Pontevedra.
"Saímos a reivindicar que a fenda salarial segue incrementándose", indicou a responsable da muller na comarca de Pontevedra, Diana Rodríguez. "Rompeuse a tendencia dos últimos anos, pero as mulleres cobramos sobre 4.500 euros menos ao ano e as pensións das mulleres galegas son as máis baixas do estado español", cobrando un case 34% menos das dos homes, o que supón 421 euros menos ao mes.
Esta situación ven dada, segundo Rodríguez, pola última reforma laboral, que afecta principalmente as mulleres. "Parece que houbo un retroceso", lamentou, "somos as que sufrimos máis precariedade e somos as que temos máis contratos parciais (un 75,9%)", argumentou. Ademais, "a nova figura dos contratos fixos discontinuos estase extendendo a todos os sectores. É un contrato que as empresas están utilizando moitas veces en fraude de lei para evitar os contratos indefinidos en todo o ano".
Pola súa banda, Silvia, delegada da CIG na empresa Bandalux, expuxo que o día 8 de marzo é un día de loita para as traballadoras "para conseguir un modelo social máis xusto e facernos iguais en dereitos. Queremos salarios que nos permitan acceso á alimentación, á vivenda, á enerxía... Queremos que os coidados sexan compartidos e non pesen como louxas nos nosos hombros", indicou.
A delegada da CIG mostrou a súa preocupación precisamente polos coidados das persoas dependentes e reclamou á administración que "proporcione servizos públicos de carácter universal e ao alcance de todas as persoas independentemente da súa renda". A situación de precariedade laboral "perséguenos durante a nosa vida adulta, o noso traballo está menos valorado que o dos compañeiros".
Relacionadas:
-
A CIG conmemora o 10 de Marzo reclamando unha nova lexislación laboral e un marco galego de relacións laborais
Por Redacción |
-
8M | 'Feminismo organizado, patriarcado derrotado'
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
8M | A Deputación conmemora o Día da Muller advertindo de que a igualdade "se debilita coa confrontación"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
8M | Alumnas do Sánchez Cantón dan voz ao feminismo: "Hai que debilitar as masculinidades hexemónicas"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Vítima de violencia machista e "machucada" pola burocracia: unha muller relata o que sucede despois da denuncia
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A igualdade na Fiscalía: seis de cada dez fiscais de Pontevedra son mulleres
Por Natalia Puga |
-
Abel Losada reivindica o valor da igualdade laboral no inicio da semana do 8M
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Rogelia dos Outeiros leva o seu espectáculo 'Soa' ao Liceo Casino con motivo do 8M
Por Redacción |
-
Máis de 75 colectivos asinan unha queixa formal por "violencia institucional" pola polémica custodia de Cambados
Por Natalia Puga |
-
"Feminismo" como eixo da campaña para o 8M: "É imprescindible para mellorar a sociedade na que vivimos"
Por Almu Dapena |
-
"A igualdade é un espazo de encontro no que todos cabemos, sen fronteiras ideolóxicas"
Por Oskar Viéitez |