O 2023 foi "un ano de récord" para Sanxenxo, segundo a empresa Civitatis
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O 2023 foi un "ano de récord" en Sanxenxo, segundo sinala a empresa líder na venda de visitas guiadas e excursións en español por todo o mundo, Civitatis.
A plataforma acaba de facer un público un estudo no que destacan que, o ano pasado, o municipio "obtivo un 47,9% máis de visitantes que en 2022". O maior pico de visitas, destacan, foi no mes de xullo.
Ademais deste incremento nos circuítos que ofrece a empresa no municipio, observou tamén un crecemento do 37,9% no interese dos turistas polo destino.
No mesmo estudo indícase que non só aumentaron as cifras de visitantes a Sanxenxo, senón que tamén mellorou a satisfacción entre os turistas, superando o 90% das valoracións recibidas as catro estrelas sobre cinco.
Finalmente, segundo os datos recolleitos pola empresa durante o 2023, apréciase que as parellas foron o grupo poboacional que máis visitou o municipio a través da plataforma cun 42,2%, seguido dos amigos cun 23,3%.